Páxinas

venres, 20 de decembro de 2013

OS COIDADOS DA LINGUA

                                                                    Xaquín Marín







mércores, 18 de decembro de 2013

 RÍOS FERNÁNDEZ, NOVO PRESIDENTE DA RAGC

Ríos Fernández, académico da Real Academia Galega das Ciencias desde o ano 2004 e vicepresidente desde 2010, convértese no terceiro presidente da institución logo de Viéitez e do seu antecesor, Enrique Vidal Abascal.
O último ingreso dun académico na institución data do ano 2004 e das súas 40 prazas numerarias na actualidade só están cubertas a metade;e tampouco hai ningunha muller. Cambiar esta situación é un dos retos que afrontará Miguel Anxo Ríos Fernández.

martes, 17 de decembro de 2013

A CASA-MUSEO DE ROSALÍA REABRE HOXE 

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada no lugar de A Matanza, no concello coruñés de Padrón, reabre hoxe ao público despois de pechar o pasado 12 de outubro, a causa da segunda fase das obras de acondicionamento do inmoble.

luns, 16 de decembro de 2013

ITH

.
ITH é unha iniciativa desenvolvida pola Fundación Uxío Novoneyra co apoio do Ministerio de Cultura do Goberno de España. Centrarase en proxectos culturais, sobre todo literarios ou editoriais, e sobre todo naqueles que pola súa especificidade, vangardismo ou polo motivo que sexa non atoparon a forma de desenvolverse no tecido editorial existente; ademais aspira a moverse en catro linguas: galego, castelán, portugués e inglés.

venres, 13 de decembro de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2014

O novo calendario do Libro e da Lectura engade dúas efemérides: o Día do Usuario das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, e o Día da Ilustración no Libro, o 30 de xaneiro (aniversario de Castelao) e perde o Día de Rosalía, o 24 de febrero.

mércores, 11 de decembro de 2013

AGASALLO.EU   


                                   Agasallo

Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego para todas as idades, todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Unha iniciativa de visibilización dos produtos e servizos galegos, singularmente da nosa industria cultural (libros, discos, artesanía, tecnoloxía, audiovisual…), textil e alimentaria, ao tempo que de promoción de consumo responsable (tamén na nosa lingua). Agasallo.eu preséntase oficialmente hoxe e poñerase en funcionamento ao longo desta semana. 



martes, 10 de decembro de 2013

 DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Artigo 2. Todos temos os mesmos dereitos, sen distinción algunha por motivo de raza, cor, sexo, idioma, relixión ou opinión.


xoves, 5 de decembro de 2013

RUBÉN MARTÍNEZ ALONSO GAÑA O RISCO 
As escaleiras do gran hotel, de Rubén Martínez Alonso, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Ten unha trama de intrigas políticas e ideolóxicas previas á Segunda República. A protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que rompe co modelo familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual. 
                                              
A TERRA QUEIMA


                        

A terra queima é un libro con CD no que se integra a música e narrativa nunha soa historia. Cancións de Lalo Martínez complementan e achegan información sobre o misterio ao que se enfronta Antón, protagonista da narración. O volume conta con textos de Xurxo Souto e ilustracións de Sesé.

mércores, 4 de decembro de 2013

martes, 3 de decembro de 2013

PRODUTORAS GALEGAS PARTICIPAN NO MERCADO AUDIOVISUAL ARXENTINO


                        

A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, anunciou onte que dez produtoras do país participarán, co seu apoio, no mercado audiovisual “Ventana Sur”, que se celebra en Bos Aires entre os días 3 e 6 de decembro. No evento proxectaranse mostras de filmes destas produtoras, realizarase un encontro profesional e poderá verse o novo vídeo promocional Films from Galicia.

luns, 2 de decembro de 2013

sábado, 30 de novembro de 2013


CORRELINGUA 2014
"Galego, o paso adiante" é o lema escollido para as actividades do Correlingua 2014 que comezarán os próximos días co inicio dos Concursos de Banda Deseñada, Manifesto e Vídeo e culminarán en maio coas festas finais do Correlingua.

Entrega: Até o 15 de marzo
Inscrición: Até o 1 de febreiro
Todos os ciclos
Entrega: até o 15 de marzo

venres, 29 de novembro de 2013

NACE “LUZES”


Hoxe sae unha revista mensual en papel e en galego. Chámase Luzes, diríxena Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e está coordinada por Iago Martínez. Trátase dun proxecto de revista mensual que aposta pola gran reportaxe, a escritura irónica e a reivindicación da cultura aberta. Terá un suplemento de cultura chamado 'República'. Para móbiles e tabletas queren ofrecer unha versión en castelán e portugués.

xoves, 28 de novembro de 2013

JORGE EDUARDO BENAVIDES GAÑA O TORRENTE BALLESTER

O escritor peruano Jorge Eduardo Benavides gañou o Premio Torrente Ballester coa obra O enigma do convento, unha novela histórica ambientada no século XIX entre España e Perú e na que a intriga, o suspense e as conspiracións conducen a acción.

KALANDRAKA EDITA O PROXECTO CORASONS

CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais a través da páxina “Quem vê corações” e materializouse inicialmente nunha exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital posterior coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.
A ese encontro seguiulle un gran concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.

 

mércores, 27 de novembro de 2013

AS PEGADAS QUE MÁIS TARDAN EN BORRARSE SON AS QUE NON SE VEN


                     

martes, 26 de novembro de 2013


TOÑO CHOUZA GAÑA O FECIDISCOVI CON “ENTREPARADAS"

                     

O director boirense Toño Chouza gañou o premio á mellor película no VI Festival Internacional de Cine e Discapacidade Collado Villalba (FECIDISCOVI). ” Entreparadas” conta a historia de 16 persoas que contan experiencias vitais únicas, baseadas en representacións teatrais con textos da Xeración Nós levadas a cabo no tempo entre as paradas do autobús en Ourense.
VIOLENTÓMETRO

luns, 25 de novembro de 2013

GCIENCIA, UN NOVO PROXECTO XORNALÍSTICO 



GCiencia é un novo proxecto xornalístico que nace hoxe en Galicia. O obxectivo é analizar proxectos científicos nos que estean involucradas institucións públicas, universidades ou empresas privadas, e narrar a actualidade da ciencia en galego. Un proxecto en rede que está a revelar o bo momento da divulgación científica en galego.


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO








                   
PARA A VIOLENCIA DE XÉNERO HAI SAÍDA


                                  


domingo, 24 de novembro de 2013


FALECE O PINTOR FELIPE CRIADO MARTÍN


O pintor Felipe Criado Martín faleceu aos 85 anos. Non naceu en Galicia pero é un pintor "100 % galego", xa que desenvolveu nesta comunidade, chegou con 8 anos, toda a súa actividade creativa.
A súa pintura sempre quedará vinculada á figura e ao universo femininos, e á fantasía, pero tamén a memoria ten un peso importante na súa iconografía. Sen esquecer os seus retratos, e algunha que outra breve incursión no campo da abstracción, que el mesmo cualificou de divertimento propio dun creador curioso.
As súas obras figuran en numerosos museos, entre outros, a Universidade de Santiago, o Museo do Pobo Galego, a pinacoteca da Academia de Belas Artes, o Centro de Arte Contemporáneo de Galicia e tamén no Parlamento de Galicia.

Era membro da Real Academia Galega de Belas Artes e obtivo, entre outros galardóns, a medalla de prata da Exposición Trienal de pintura, escultura e gravado de Santiago. 

venres, 22 de novembro de 2013


LA VOZ PREMIA O COMPROMISO DE GALAXIA

              
La Voz entregou onte o Premio Fernández Latorre, instituído en memoria do seu fundador, e que na súa edición número 55 distinguiu o traballo da Editorial Galaxia en favor da lingua e cultura galegas. Un labor que a institución desenvolve desde que foi fundada en 1950 por intelectuais como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla ou Domingo García-Sabell.

INGRESO NA ACADEMIA DE FINA CASALDERREY






Os académicos da RAG celebran hoxe unha sesión extraordinaria que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra, con motivo do ingreso na Academia Galega do seu novo membro electo, a autora pontevedresa Fina Casalderrey, que ocupará a primeira cadeira da RAG para a literatura infantil e xuvenil.
A nova académica dará lectura ao seu discurso de entrada titulado: Viaxe á semente. Dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario, que será respondido, en nome da Academia, pola súa tesoureira, Rosario Álvarez Blanco.

xoves, 21 de novembro de 2013


UNHA PRODUCIÓN GALEGA GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DE CINE SUBMARINO DE SAN SEBASTIÁN

                    

O vigués Jorge Candán é o realizador de “Mar de un bosque encantado”.Esta produción audiovisual gañou o primeiro premio do 37º Ciclo de Cine Submarino de San Sebastián (Cimasub 2013). Trátase dun documental que permite coñecer os bosques de algas do fondo das rías e costa galegas e a cadea alimenticia dos diferentes animais que a habitan.





martes, 19 de novembro de 2013



 A GALEGA LUZ CASAL, PREMIO NACIONAL DE MÚSICAS ACTUAIS



A cantante Luz Casal foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Músicas Actuais 2013, que concede o Ministerio de Cultura. O xurado estimou no seu fallo, resolto por maioría, que a súa voz se grava na memoria e que percorreu "un camiño fértil que empezou polo rock e abrazou xéneros como as baladas e os boleros, que ensancharon a súa traxectoria e a de todos, chegando a públicos diversos e a diferentes xeracións".

“A DANZA DAS MOSCAS” ARRINCA CON FORZA


<i>A danza das moscas</i> arrinca con forza
                                                                                              CAXADE



O disco debut de Caxade, “A danza das moscas”, lanzouse o pasado 12 de novembro e o pasado día 15 era declarado como un dos tres finalistas dos Premios da Música de Galicia na categoría de folk. O volume, do que xa se adiantaran varios singles como Gente pota ou Sr. Xorda achega un total de once temas nos que se funde a música de raíz con sons indies, explorando as sonoridades dos metais e unha grande importancia do acordeón. O disco gravouse nos estudos A Ponte de Compostela e sae editado da man da plataforma Discos da Máquina. 

luns, 18 de novembro de 2013

BOOKTRAILER DO LIBRO CARTAS DE INVERNO

                 

A novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, chega á súa trixésima edición na colección “Fóra de Xogo” de Xerais. Para salientar este feito, a editorial promoveu un booktrailer do libro, realizado por David Rodríguez. 

venres, 15 de novembro de 2013

 QUE É O MAGOSTO PARA TI? 

Hai uns días fixéronme unha pregunta, algo no que non reparara nunca, pero que forma parte dos meus costumes. A cuestión foi a seguinte: que é para ti o Magosto?
Para min o Magosto era un día de outono no que comíamos castañas na escola xunto aos nosos compañeiros e profesores, pero o Magosto é algo máis ca iso.
Esta festa realizábase coa recollida deste froito en agradecemento á colleita recibida. Só se celebra en determinadas zonas do norte de España, onde a castaña foi a base da alimentación nos seus antepasados.
Hoxe en día, adoitamos celebralo nos días comprendidos entre o 1 de novembro e o 11. Ademais de comer castañas asadas, tamén degustamos outros alimentos como chourizos, ou viño para os máis maiores.
Pois como vedes, hoxe descubrín porque os galegos celebramos esta festa, e o que significaba para os nosos devanceiros. 
E para ti, para ti que é o Magosto?


Carmen Ramonde Mera, 4º ESO

martes, 12 de novembro de 2013




YOLANDA CASTAÑO GAÑA O CAIXANOVA 





A poeta Yolanda Castaño é a nova gañadora do Premio de Poesía da Fundación Novacaixagalicia co libro A segunda lingua. A obra será publicada na colección Arte de Trobar. 




GALICIA XA TEN O .GAL

O dominio galego na Rede xa está aquí. A Icann, a corporación que goberna as direccións da Internet, vén de asinar o contrato de creación do dominio .gal.

Stand da iniciativa no Culturgal

documento publicado na web da Icann aclara que o .gal "nace para servir a comunidade lingüística e cultural galega". O contrato establece  que este grupo está formado por aqueles que "usen -ou se comprometan a usar- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade"


luns, 11 de novembro de 2013

sábado, 9 de novembro de 2013



"LUAR A LUAR" TRIUNFA NA ARXENTINA



O dúo formado por Hugo e Yhadira, coñecidos por participar no programa La Voz e Recantos de Luar, puxeron "Luar a luar" entre as principais cancións da radiofórmula "Elegidos 45".

A radiofórmula arxentina “Elegidos 45” situounos no Top-5 por "Luar a Luar", unha canción que lembra o papel das avoas galegas na familia galega. Este tema escóitase a diario durante os últimos tres meses entre os top musicais en inglés e en español.

O primeiro tema que cantaron xuntos xa significou unha declaración de intencións, presentando a lingua galega como "unha princesa durmida que agarda un bico diario para seguir viva". 


venres, 8 de novembro de 2013



RICHARD BUCKMINSTER FULLER: O VISIONARIO DO SÉCULO XX





Se entendemos por visionario alguén que é capaz de anticiparse aos problemas e suxerir solucións con décadas de adianto, Richard Buckminster Fuller indubidablemente érao; temas como o cambio climático ou a desaparición dos recursos naturais e enerxéticos, actualmente sen resolver, xa preocupaban a Fuller fai máis de oitenta anos.
Durante a súa vida, Fuller buscou resposta á pregunta. Ten a humanidade unha posibilidade de sobrevivir final e exitosamente no planeta Terra? e, se é así, como? A partir desta pregunta, empeza a explorar os principios da eficiencia enerxética e a eficiencia de materiais nos campos da arquitectura, a enxeñaría e o deseño.
                                           




xoves, 7 de novembro de 2013

"O APÓSTOLO" PRESELECCIONADA PARA ÓSCAR Á MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN 



O Apóstolo de Fernando Cortizo é un dos dezanove filmes que a Academia de Hollywood valora para finalistas ao Óscar de animación. Canda ela, grandes éxitos e cintas de altísimos orzamentos como Avións, Os Pitufos 2, Turbo, Gru, Mostros Universiy ou Rio. 

mércores, 6 de novembro de 2013





FLORENCE NIGHTINGALE



                               


Florence Nightingale é unha das figuras escollidas para homenaxear na semana  da ciencia en galego. A elección de Florecence débese seguramente a que, aínda que é a precursora da fundamentación do traballo de enfermería, é tamén unha das figuras fundamentais na historia da estatística e este ano 2013 foi designado como Ano Internacional da Estatística.

martes, 5 de novembro de 2013


ROSALÍA EN NOVA IORQUE



Hoxe o colectivo Celso Emilio Ferreiro quere lembrar, de novo desde a emigración, á poeta Rosalía de Castro en Nova Iorque. O xornalista Arturo Conde, o escritor Claudio Rodríguez Fer e o poeta Francisco Álvarez Koki intervirán no acto conmemorativo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos

luns, 4 de novembro de 2013



UNHA SEMANA PARA A CIENCIA, E EN GALEGO


Hoxe, celébrase O Día da Ciencia en Galego e está dedicado ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo.





A Biblioteca Xeral de Santiago instalará dende hoxe e ata o venres 8 a exposición Isaac Díaz Pardo: arte, industria e comunicación;a Biblioteca Intercentros do campus de Lugo e o Servizo de Normalización Lingüística da USC celebran, a partir das 19 horas, unha xincana bibliográfica centrada na vida e no legado das tres persoas ás que se rende homenaxe este ano. Por outra banda, do 4 ao 6 de novembro no Salón Nobre do Colexio de Fonseca impartiranse ás 20 horas unha serie de conferencias divulgativas sobre cada unha das temáticas do Día da Ciencia en Galego 2013.

sábado, 2 de novembro de 2013


MORREU CARMEN ARIAS, MIMINA


Onte, 1 de novembro, faleceu Carmen Arias, Mimina, viúva de Isaac Díaz Pardo. Muller de intelixencia extraordinaria e gran capacidade creadora, artista plástica recoñecida na súa xuventude, foi un dos motores que fixeron posible a Fábrica de Cerámicas do Castro: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas; e foi ela quen montou o taller de decoración: distintivo básico da casa.



xoves, 31 de outubro de 2013



PREMIO NACIONAL DO CÓMIC 2013








O autor Miguelanxo Prado foi galardoado hoxe co Premio Nacional do Cómic 2013 pola súa obra Ardalén. Segundo o xurado, esta obra mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento.