GALICIA XA TEN O .GAL
O dominio galego na
Rede xa está aquí. A Icann, a corporación que goberna as
direccións da Internet, vén de asinar o contrato de creación do dominio .gal.

O documento
publicado na web da Icann aclara que o .gal "nace para
servir a comunidade lingüística e cultural galega". O contrato
establece que este grupo está formado por aqueles que "usen -ou se
comprometan a usar- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os
diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as
súas comunicacións e servizos a esta comunidade"