Páxinas

luns, 30 de maio de 2016

ROTEIRO LITERARIO


O noso alumnado de 4º ESO realizou un roteiro literario en Vigo con Francisco Castro sobre o libro Tes ata as 10. Posteriormente visitou a Fundación Fermín Penzol.

martes, 24 de maio de 2016

A ESMORGA


Hoxe vimos a película A Esmorga e realizamos unha charla coloquio sobre os distintos temas que trata o filme.  

luns, 23 de maio de 2016

CLUB DE LECTURA


 
Rematamos o club de lectura de 4º ESO gozando coa lectura e cun doce. O libro escollido foi Tes ata as 10 de Francisco Castro; ademais preparamos o roteiro que realizaremos en Vigo co propio autor.

mércores, 4 de maio de 2016

CLUB DE LECTURA

Rematamos o club de lectura de 1º Bac gozando coa lectura e cun doce. O libro escollido foi A praia dos afogados de Domingo Villar

martes, 12 de abril de 2016

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O noso alumnado de 4º e 3º ESO comentou con Adrea Maceiras o seu libro Europa Express.

 

luns, 4 de abril de 2016

 VISITA DE FRANCISCO
O noso alumnado de 4º ESO e 1º BAC comentou con Francisco Castro Tes ata as 10.


Con 1º ESO falou de Chamádeme Simbad.



Con 2º ESO disertou sobre O segredo de Marco Polo.



martes, 8 de marzo de 2016

FELIZ DÍA DA MULLER

Hai das que levan
na frente unha estrela,
Hai das que levan,
No bico un cantar.
Hai de tódalas mulleres: nais, irmáns, avoas, tias, veciñas, amigas,compañeiras......

Hai de todas elas hoxe, no seu dia, no dia das traballadoras, das desempregadas, das amas de casa, de todas nós!!!
Matriarcas de
Guadi Galego
https://youtu.be/VSuS_pdCvSE

mércores, 24 de febreiro de 2016

ANIVERSARIO

Rosalía de Castro será a protagonista deste mércores.
A Deputación da Coruña libera 4 novas imaxes de Rosalía .