KALANDRAKA
EDITA O PROXECTO CORASONS

CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes
sociais a través da páxina “Quem vê corações” e materializouse inicialmente nunha
exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital posterior coa
participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.
A ese encontro seguiulle un gran concerto celebrado na Illa de
Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental
gravado por Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe
Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.