FALECE O PINTOR FELIPE CRIADO MARTÍN

O pintor
Felipe Criado Martín faleceu aos 85 anos. Non naceu en Galicia
pero é un pintor "100 % galego", xa que desenvolveu nesta comunidade,
chegou con 8 anos, toda a súa actividade creativa.
A súa pintura
sempre quedará vinculada á figura e ao universo femininos, e á fantasía, pero
tamén a memoria ten un peso importante na súa iconografía. Sen esquecer os seus
retratos, e algunha que outra breve incursión no campo da abstracción, que el
mesmo cualificou de divertimento propio dun creador curioso.
As súas obras figuran en numerosos museos,
entre outros, a Universidade de Santiago, o Museo do Pobo Galego, a pinacoteca
da Academia de Belas Artes, o Centro de Arte Contemporáneo de Galicia e tamén no
Parlamento de Galicia.
Era membro da Real Academia Galega de Belas Artes e
obtivo, entre outros galardóns, a medalla de prata da Exposición Trienal de
pintura, escultura e gravado de Santiago.