RUBÉN MARTÍNEZ ALONSO GAÑA O RISCO
As escaleiras do
gran hotel, de Rubén Martínez
Alonso, é a obra gañadora do XIV Premio Risco de Creación Literaria. Ten unha
trama de intrigas políticas e ideolóxicas previas á Segunda República. A
protagonista é unha feminista adiantada ao seu tempo, que rompe co modelo
familiar da época e soña cun futuro de independencia económica e intelectual.