Páxinas

martes, 20 de xaneiro de 2015

OS MELLORES LIBROS DO 2014

A revista dixital Fervenzas literarias publicou a lista dos mellores libros e autores do ano. O gañador foi Agustín Fernández Paz coa súa novela A Viaxe de Gagarin. O mellor libro de poesía foi Cronoloxía da urxencia de Dores Tembrás. O mellor libro de ensaio/investigación foi  para a Historia da Literatura Galega II de Xosé Ramón Pena. Alfonso Pexegueiro fíxose co galardón ao mellor libro de teatro con Lapsus. O Bichero de Luis Davila levou o premio a mellor álbum de banda deseñada e Xesús Fraga ao mellor libro de literatura xuvenil con Reo. Ledicia Costas obtivo o premio ao mellor libro de literatura infantil con Escarlatina, a cociñeira defunta.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

HOMENAXES A CHARLIE HEBDO

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración publicou no seu Facebook unha selección das obras dos seus socios con esta temática. Ademais, os xornais Diario de Pontevedra e El Progreso, publican hoxe o especial de oito páxinas Eu son Charlie, no que 40 participan 40 autores galegos e foráneos.