AGASALLO.EU
Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila,
difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego para todas as idades,
todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Unha iniciativa de visibilización
dos produtos e servizos galegos, singularmente da nosa industria cultural
(libros, discos, artesanía, tecnoloxía, audiovisual…), textil e alimentaria, ao
tempo que de promoción de consumo responsable (tamén na nosa lingua). Agasallo.eu
preséntase oficialmente hoxe e poñerase en funcionamento
ao longo desta semana.