Páxinas

xoves, 17 de decembro de 2015

IN MEMORIAM


Xosé Fernández Ferreiro (Espartedo, Nogueira de Ramuín, 1931) morreu na noite de onte, na Coruña. Foi o autor da primeira novela de vaqueiros en galego, A morte de Frank González, ingresara na Real Academia Galega o 9 de marzo de 2013 con un discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Exerceu o xornalismo nos principais medios galegos, xubilándose como redactor de La Voz de Galicia, onde traballou durante vintecinco anos.

Ferreiro converteu en materia narrativa o que aconteceu no ano trinta e seis e fíxoo cun feixe de novelas magníficas  como Agosto do 36;  deixou, asemade, unhas crónicas espléndidas da súa vida e experiencias en De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde. 

mércores, 25 de novembro de 2015

luns, 16 de novembro de 2015

sábado, 14 de novembro de 2015

LEDICIA COSTAS RECIBE O PREMIO LAZARILLO

Onte fallouse en Madrid, o Premio Lazarillo 2015, na súa modalidade de creación literaria, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil  do que resultou gañadora Ledicia Costas coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante.
O xurado destacou da obra gañadora :"Unha novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida e unha linguaxe literaria sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e ficción e dándolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura".

domingo, 8 de novembro de 2015


PREMIOS DA CRÍTICA 2015



No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer o ditame da trixésima oitava edición dos Premios da Crítica 2015. No que atinxe aos premios, os xurados das sete modalidades salientaron a calidade e excelencia dos traballos de Agustín Fernández Paz, Xosé Ramón Pena, Cineuropa, Xaquín Marín, Guadi Galego, A Panadaría Teatro e Miguel Vila «Colineta».

mércores, 4 de novembro de 2015

luns, 26 de outubro de 2015


CINEMA
O alumnado de 4º ESO e 1º BAC realizaron unha visita ao obradoiro do ceramista Otero Regal; quen lles ensinou as instalacións e lles explicou como era o proceso de elaboración das pezas de cerámica.
 
 A continuación asitiu ao cine a ver o filme A praia dos afogados
 
 E por último realizou un percorrido polo casco antigo de Viveiro, coñendo as historia e os lugares máis emblemáticos da vila.

luns, 5 de outubro de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL

 
Ledicia Costas gañou o 'Premio Nacional de Literatura Infantil' concedido polo Ministerio de Educación e Cultura do Goberno español. Fíxoo coa obra, Escarlatina, a cociñeira defunta.

Esta novela, publicada por Xerais ao gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, recibiu xa outros importantes recoñecementos como a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor libro Infantil e Xuvenil da Asociación Galega de Editores, os Premios Fervenzas Literarias (votados polos internautas) ao Mellor libro infantil e Mellor portada de LIX  (Víctor Rivas).


luns, 8 de xuño de 2015

INTERCAMBIO CULTURAL





Hoxe fomos visitar aos nosos amigos do IES Alfoz-Valadouro. Fixemos unha visita turística polos lugares máis característicos da zona: o Instituto; o Castelo do Castro Ouro; a Finca Galega; a Praia das Catedrais,…. Moitas grazas por este día marabilloso.

domingo, 7 de xuño de 2015

OS PREMIOS XERAIS 2015

De remate é o título da novela de  Héctor Cajaraville que o xurado escolleu para o Premio Xerais de Novela 2015. Con Nena e o mar, Érica Esmorís fíxose co Merlín de literatura infantil e Europa Express valeulle a Andrea Maceiras o Jules Verne de literatura xuvenil. Os tres recibiron os premios no acto que se desenvolveu, como cada ano, na Illa de San Simón.

venres, 5 de xuño de 2015

CLUB DE LECTURA

Hoxe rematamos o clube de lectura deste curso, gozando coa lectura e cun doce. O alumnado de 4º ESO participou nesta actividade lendo o libro Tes ata as 10 de Francisco Castro.


luns, 1 de xuño de 2015

INTERCAMBIO CULTURAL



Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º ESO do IES  de Alfoz. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, a vila, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto

DÍA DA CIENCIA EN GALICIA


A oceanógrafa Ángeles Alvariño protagoniza os actos do Día da Ciencia en Galicia. A Real Academia Galega de Ciencias coordina esta celebración, coñecida antes como Día do Científico Galego. A homenaxe, que coincide co décimo aniversario do falecemento da investigadora, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta das importantes contribucións da investigadora ferrolá ao coñecemento das especies animais mariñas máis pequenas.

venres, 29 de maio de 2015

OS PREMIOS SAN CLEMENTE

Os tres escritores gañadores da vixésima edición do premio San Clemente, no que o xurado o conforman alumnos de varios institutos galegos, foron: Joël Dicker, La verdad sobre el caso Harry Quebert; Juan Gabriel Vásquez, Las reputaciones; Carlos G. Reigosa; A Vitoria do perdedor; premiados nas categorías de lingua estranxeira,española e galega, respectivamente.

martes, 26 de maio de 2015

martes, 19 de maio de 2015

SÉS




Seguimos conmemorando as Letras con Sés, grazas ao concello de Cariño.

venres, 15 de maio de 2015

CONMEMORACIÓN DAS LETRAS

Conmemoramos as Letras con Guadi Galego, Guillerme Fernández e o noso alumnado.


PASA-PALABRA DAS LETRAS GALEGAS
https://b29a5e5c-a-762df989-s-sites.googlegroups.com/a/genmagic.net/pasapalabras-genmagic/areas-gallego/lenguaje/letras-galegas-2015/letras_gallegas_2015.swf?attachauth=ANoY7cooZKzmevZj0IjAMEVKy3WI-G1tn6uvo2x_Rjv3nN2Kbo_92w3NRtcZHEfrAYXTAO6G3kBYp4lkjrH2AF5ZwFjZtdcrj_GgYri1Wd5nPDYhr5_k8MPMUxeK28sg4dezuN63j1Hu7pmW094W_2JJi4ZOfxKf_UFXQY8M8plOzAMbLpgAZcs4UgX-fStXBKs_7nXaqCkuDcr0CXZphc8W5eJgWXqQZpTfpL65pbvhl2Ck4VZA05f64lpTq47PPBOMw4Y11uP2P7gogOHnUtXq2uya0XNcrQN0vBMCBRavz8_JbhUGuoE%3D&attredirects=1

martes, 12 de maio de 2015

domingo, 26 de abril de 2015

PREMIOS  LOSADA DIÉGUEZ
 
                          

O premio Losada Diéguez 2015 correspondeu na modalidade de creación a Diego Ameixeiras por Conduce rápido e na de investigación a Ana Acuña por Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000). Diego Ameixeiras volve ser premiado por unha das súas novelas do xénero negro; mentres Ana Acuña ve recoñecida a súa investigación sobre os «madrigalegos terraferidos» e o seu rigor na elaboración dun traballo clave para entender a cultura galega na segunda metade do século XX.

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
 

 
A orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían CERVANTES e SHAKESPEARE, por este motivo, esta data foi a escollida pola comferencia xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 


xoves, 16 de abril de 2015


VISITA DE XAQUÍN MARÍN




Hoxe recibimos a visita do ilustrador Xaquín Marín; realizou unha actividade lúdica na que participaron os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato. Ademais de facernos gozar cos seus debuxos, deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.