Páxinas

luns, 8 de xuño de 2015

INTERCAMBIO CULTURAL





Hoxe fomos visitar aos nosos amigos do IES Alfoz-Valadouro. Fixemos unha visita turística polos lugares máis característicos da zona: o Instituto; o Castelo do Castro Ouro; a Finca Galega; a Praia das Catedrais,…. Moitas grazas por este día marabilloso.

domingo, 7 de xuño de 2015

OS PREMIOS XERAIS 2015

De remate é o título da novela de  Héctor Cajaraville que o xurado escolleu para o Premio Xerais de Novela 2015. Con Nena e o mar, Érica Esmorís fíxose co Merlín de literatura infantil e Europa Express valeulle a Andrea Maceiras o Jules Verne de literatura xuvenil. Os tres recibiron os premios no acto que se desenvolveu, como cada ano, na Illa de San Simón.

venres, 5 de xuño de 2015

CLUB DE LECTURA

Hoxe rematamos o clube de lectura deste curso, gozando coa lectura e cun doce. O alumnado de 4º ESO participou nesta actividade lendo o libro Tes ata as 10 de Francisco Castro.


luns, 1 de xuño de 2015

INTERCAMBIO CULTURAL



Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º ESO do IES  de Alfoz. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, a vila, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto

DÍA DA CIENCIA EN GALICIA


A oceanógrafa Ángeles Alvariño protagoniza os actos do Día da Ciencia en Galicia. A Real Academia Galega de Ciencias coordina esta celebración, coñecida antes como Día do Científico Galego. A homenaxe, que coincide co décimo aniversario do falecemento da investigadora, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta das importantes contribucións da investigadora ferrolá ao coñecemento das especies animais mariñas máis pequenas.