Páxinas

mércores, 25 de febreiro de 2015


VISITA DE NÚÑEZ SINGALA

Hoxe o noso alumnado recibiu a visita de Núñez Singala; con 3º ESO falou de Instrucións para tomar café, con 2º ESO de Comedia bífida e con 1º ESO comentou O achado do castro.
ROSALÍA DE CASTRO


Así plasmaba Siro nesta viñeta dedicada ás LETRAS GALEGAS de 1987 a Rosalía presidindo a Academia. (Siro 1969-1989 edición numerada agasallo da Sociedad Recreativa, Cultural y Deportiva de Betanzos)

martes, 24 de febreiro de 2015

DOODLE ROSALIANO
 

Millóns de ordenadores abren neste 24 de febreiro lembrando a Rosalía no seu aniversario. Todos os galegos deberiamos estar orgullosos.

ANIVERSARIO

luns, 23 de febreiro de 2015


ROSALÍA ATERECE


 
A Sega promove unha fermosa actividade para o 24 de febreiro. A proposta é moi sinxela:
-A nivel individual ou colectivo animamos a todas as mulleres a tecer calquera peza, dende unha bufanda a un chal que poida cubrir un busto ou estatua de Rosalía de Castro na súa vila ou lugar próximo.
-O día 24 de febreiro, día do nacemento de RdC, sairemos cubrir as estatuas en todos os lugares. Se as participantes queren organizar algún acto como unha lectura ou convidar a algunha escritora, cantante ou artista para acompañalas A Sega pode botar unha man á hora de organizar estes actos.
-As participantes deberían facer unha foto de cada unha das estatuas para poder despois darlles difusión a través das redes sociais e facer un mural con todas elas.
-As participantes poden solicitar permiso ao Concello correspondente para vestir a RdC, se ben os Concellos non adoitan poñer problema ante este tipo de accións (simplemente retirarán o “vestido” unha vez pase o acto se as participantes deciden deixalo no lugar concreto).
 


domingo, 22 de febreiro de 2015


EU SON ROSALÍA

 

A Asociaciónde Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema " Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convida os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
 


sábado, 21 de febreiro de 2015


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
 
 
Cada 21 defebreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna, proclamado pola UNESCO en 1999, coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a primeira, a que aprendemos desde ben pequeniños.
No noso país, en 2015, sesenta e tres anos despois, a lingua galega é a máis falada, pero segundo os últimos datos sobre o uso do noso idioma estamos asistindo á súa substitución como lingua materna maioritaria, rompéndose a cadea de transmisión interxeracional, e provocando deste xeito a maior ameaza da historia para a súa supervivencia.