QUE É O MAGOSTO PARA TI?
Hai uns días
fixéronme unha pregunta, algo no que non reparara nunca, pero que forma parte
dos meus costumes. A cuestión foi a seguinte: que é para ti o Magosto?
Para min o Magosto
era un día de outono no que comíamos castañas na escola xunto aos nosos
compañeiros e profesores, pero o Magosto é algo máis ca iso.
Esta festa
realizábase coa recollida deste froito en agradecemento á colleita recibida. Só
se celebra en determinadas zonas do norte de España, onde a castaña foi a base
da alimentación nos seus antepasados.
Hoxe en día,
adoitamos celebralo nos días comprendidos entre o 1 de novembro e o 11. Ademais
de comer castañas asadas, tamén degustamos outros alimentos como chourizos, ou
viño para os máis maiores.
Pois como vedes,
hoxe descubrín porque os galegos celebramos esta festa, e o que significaba
para os nosos devanceiros.
E para ti, para ti que é o Magosto?
Carmen Ramonde Mera,
4º ESO