SAMAÍN
venres, 31 de outubro de 2014
luns, 27 de outubro de 2014
IN MEMORIAM
A xornalista viguesa da Radio Galega, Begoña Caamaño, faleceu hoxe en Santiago. Xunto ao seu labor profesional tamén
destacou como novelista e como loitadora polos dereitos da muller, dos
traballadores e dos máis desfavorecidos.
Como novelista publicou Circe o
pracer do azul e Morgana en Esmelle; con esta última obra obtivo o recoñecemento da Asociación
Española de Críticos Literarios en 2012.
mércores, 22 de outubro de 2014
martes, 21 de outubro de 2014
CÓMIC
Botafumeiro é unha revista
dixital de humor en galego con periodicidade mensual. Recolle textos e banda
deseñada. Nela participan moitos dos autores que coñecemos: Manel Cráneo,
Alberto Guitián, Roque Romero, Bernal Prieto, Xiomara Correa, Diana López, Kaz,
Tayone, Martín Romero, Brais Rodríguez… e Jano con páxinas
de Nacho Camacho, viñetas de A Ollada do Chosco e
novos personaxes e series.
luns, 20 de outubro de 2014
CRÓNICA DE
FÚTBOL
Mugardos 4-1 CD Cariño
O comezo do partido foi de dominio
local, conseguiron adiantarse no minuto cinco, pero os visitantes non
baixaron a cabeza e seguiron loitando, aínda que sería no minuto 19 cando o
conxunto local volvería a marcar.
Tras uns minutos nos que non se viu
moito xogo e houbo algunhas xogadas con polémica chegaría o 3-0 tras unha
xogada pola banda que marcaría o propio xogador ao decatarse da mala colocación
do porteiro.
O Cariño reaccionaría tras isto e
Cristian puxo o 3-1 no marcador, aínda que a alegría durou pouco, xa que o
Mugardos marcou dous minutos despois o definitivo 4-1.
A segunda parte tivo outra cor, con máis
ataques visitantes que locais e un penalti non pitado a favor dos locais, algo
que conduciría ao descontento co árbitro, quen tivo máis erros que acertos ao
longo do partido.
Con este resultado o Cariño ocupa a
sexta posición con 9 puntos e o Mugardos a quinta con 12.
A próxima semana o Cariño recibe ao
Portuarios que ocupa a terceira praza.
xoves, 9 de outubro de 2014
PATRICK MODIANO PREMIO NOBEL DE LITERATURA
O novelista francés
Patrick Modiano (Boulogne-Billancourt, 1945), autor de obras perfectas como Dora
Bruder ou El café de la juventud
perdida, recibiu o premio Nobel de Literatura. As súas grandes novelas representan
un relato único e valente dos peores momentos de Francia no século XX: o réxime
neonazi de Vichy e a ocupación do país polos alemáns durante a II Guerra
Mundial.
A Academia sueca dixo
que concedeu o premio a Modiano “pola súa arte da memoria coa que evocou os
destinos humanos máis difíciles de retratar e desvelou o mundo da Ocupación”.
mércores, 8 de outubro de 2014
PREMIO NOBEL DE QUÍMICA
PARA OS CREADORES DO NANOSCOPIO
Os estadounidenses
Eric Betzig e William Moerner e o científico alemán Stefan Hell gañaron o Nobel
de Química polo desenvolvemento de novos métodos para que os microscopios
poidan ver detalles máis pequenos dos que podían percibir no pasado.
Os tres científicos
foron premiados por "o desenvolvemento da microscopía de fluorescencia de
súper resolución", que segundo explicou a Real Academia Sueca de Ciencias,
superou a capacidade máxima de resolución dos microscopios ópticos
tradicionais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)