Páxinas

domingo, 26 de abril de 2015

PREMIOS  LOSADA DIÉGUEZ
 
                          

O premio Losada Diéguez 2015 correspondeu na modalidade de creación a Diego Ameixeiras por Conduce rápido e na de investigación a Ana Acuña por Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000). Diego Ameixeiras volve ser premiado por unha das súas novelas do xénero negro; mentres Ana Acuña ve recoñecida a súa investigación sobre os «madrigalegos terraferidos» e o seu rigor na elaboración dun traballo clave para entender a cultura galega na segunda metade do século XX.

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
 

 
A orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían CERVANTES e SHAKESPEARE, por este motivo, esta data foi a escollida pola comferencia xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 


xoves, 16 de abril de 2015


VISITA DE XAQUÍN MARÍN




Hoxe recibimos a visita do ilustrador Xaquín Marín; realizou unha actividade lúdica na que participaron os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato. Ademais de facernos gozar cos seus debuxos, deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.

xoves, 2 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. En 2015 esta mensaxe chéganos dos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.