Páxinas

luns, 4 de novembro de 2013



UNHA SEMANA PARA A CIENCIA, E EN GALEGO


Hoxe, celébrase O Día da Ciencia en Galego e está dedicado ao arquitecto Richard Buckminster, á enfermeira Florence Nightingale e a Isaac Díaz Pardo.





A Biblioteca Xeral de Santiago instalará dende hoxe e ata o venres 8 a exposición Isaac Díaz Pardo: arte, industria e comunicación;a Biblioteca Intercentros do campus de Lugo e o Servizo de Normalización Lingüística da USC celebran, a partir das 19 horas, unha xincana bibliográfica centrada na vida e no legado das tres persoas ás que se rende homenaxe este ano. Por outra banda, do 4 ao 6 de novembro no Salón Nobre do Colexio de Fonseca impartiranse ás 20 horas unha serie de conferencias divulgativas sobre cada unha das temáticas do Día da Ciencia en Galego 2013.