Páxinas

martes, 29 de abril de 2014

PREMIO TRASALBA 2014 

Agustín Fernández Paz será a personalidade da cultura galega homenaxeada na Festa Anual que organiza en Trasalba a Fundación Otero Pedrayo. O escritor recibirá o galardón na casa museo de Ramón Otero Pedrayo o próximo 29 de xuño mentres recibe os parabéns da súa nova novela, A viaxe de Gagarin. 


                       


luns, 28 de abril de 2014

O AMOR 'CELTA' DE ROSALÍA E MURGUÍA



En Galicia, aqueles que defenderon o país fixérono cos libros na man. Entre estas personalidades, escritores, bibliófilos, editores, figuran de maneira sobranceira Rosalía de Castro e Manuel Murguía. A historia da súa biblioteca é moi especial, polo que ten de construción e derrota, de amor e perda. Nese obradoiro ilustrado había un recanto decisivo: os libros do celtismo. E na súa correspondencia, algún íntimo segredo céltico.




domingo, 27 de abril de 2014

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA



A Rede de Dinamización Lingüística, liderada pola Consellería de Cultura e Educación e da que forman parte máis de 150 entidades locais, pon en marcha a súa programación anual con dous obradoiros dirixidos a adolescentes. Trátase de actividades interactivas, que promoven a participación en galego dos asistentes, así como a reflexión sobre a lingua e o rexeitamento dos prexuízos que poidan inhibir o seu uso.

sábado, 26 de abril de 2014

PREMIOS DA CRÍTICA 2014 EN LINGUA GALEGA










Anxos Sumai, coa súa obra narrativa A lúa da colleita, e Berta Dávila co poemario Raíz da fenda gañaron os Premios Nacionais de Crítica Literaria 2014 en lingua galega.


xoves, 24 de abril de 2014

mércores, 23 de abril de 2014

OS CHÍOS

A CRTVG para celebrar o Día do Libro e con tal motivo, xunto a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) recomendan que todas aquelas persoas que queiran homenaxear dalgún xeito os libros en galego emitan os seus chíos en Twitter, co hashtag #EnGalegoLeo, entre as 12 do mediodía e as 2 da tarde.
LIBERACIÓN DE LIBROS 


 A liberación de libros en espazos públicos afiánzase como opción para a conmemorar a data  do Día do Libro. En Galicia participan nesta actividade, na que liberarán uns 2500 volumes: o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo Etnolóxico de Ribadavia, o Museo de Belas Artes da Coruña e o Museo das Peregrinacións e de Santiago.
FELIZ DÍA DO LIBRO


martes, 22 de abril de 2014

DÍA DA TERRA

            
O Día da Terra é unha festa para chamar a atención sobre a degradación dos recursos naturais e para poñer freo ás agresións sobre o planeta. Este ano, adícase especialmente á loita contra o Cambio Climático.

luns, 21 de abril de 2014

#ENGALEGOLEO
A CRTVG participa na campaña de animación á lectura xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, (GALIX) máis a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) mais non é na pantalla da televisión onde se difundirán os contidos, será a través da súa páxina web e no seu twitter oficial. 

venres, 18 de abril de 2014

IN MEMORIAM

O escritor e xornalista colombiano falece en Cidade de México aos 87 anos, gañador do Nobel en 1982; foi o creador de obras clásicas como Cen anos de soidade, O amor nos tempos do cólera, O coronel non ten quen lle escriba, O outono do patriarca ou Crónica dunha morte anunciada. Foi un dos protagonistas da universalización do 'boom' da novela hispanoamericana. Estaba moi relacionado con Galiza: "a miña maneira de narrar é debida á maxia con que contaba as cousas a miña avoa galega". Esta é a confesión que máis dunha vez fixo Gabriel García Márquez.

venres, 11 de abril de 2014

VISITA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO


Onte o alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato recibiu a visita de Antón Riveiro Coello.

mércores, 9 de abril de 2014

PREMIO IRMANDADE DO LIBRO

 

O Premio Irmandade do Libro, que organiza a Federación de Libreiros de Galicia, concedéuselle ao mellor libro infantil e xuvenil do ano á triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros. A triloxía Ámote Leo A. está formada por tres novelas: Destino Xalundes, publicada no mes de outubro; Estación de Tránsito, publicada no mes de febreiro e Terminal de chegadas, que se publicará no mes de xuño.

luns, 7 de abril de 2014

"COSTA DA MORTE"


Lois Patiño gañou o premio ao mellor filme do Play-Doc con "Costa da Morte". O xurado destacou a coidada estética da obra, así como o valor do filme para a zona que retrata.

venres, 4 de abril de 2014

PREMIO IRMANDADE DO LIBRO
A Federación de Libreiros de Galicia outorgoulle a Chus Pato o premio Irmandade do Libro  á autora do ano na XXIII edición. O xurado recoñeceu "a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e calidade da súa obra poética, a súa proxección universal, as colaboracións en revistas especializadas, ademais do seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias". 

xoves, 3 de abril de 2014

“UN PASO ADIANTE”
       

O IES de Elviña, A Coruña, é o gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2014 con "un paso adiante". Parabéns!

mércores, 2 de abril de 2014




DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.