Páxinas

xoves, 13 de marzo de 2014

OLLADAS DE MULLER

A exposición Olladas de muller sobre a “Guía Postal de Lugo” de Maruja Mallo xira arredor dunha obra que fora realizada por Maruja Mallo en 1929 por encargo da Deputación de Lugo. O cadro, titulado “Guía Postal de Lugo”, realizouno cando tiña menos de trinta anos e esta foi unha das súas primeiras obras; un cadro no que ofrecía a súa visión da provincia de Lugo, mesturando modernidade e tradición co seu propio imaxinario.
O proxecto convocou hai meses nove creadoras: Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco, Carmen Llonín, Paulova (Paula López Vallejo), Antía Moure, Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto con Vari Caramés, para que reinterpretasen a obra orixinal de Mallo.
Esta exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés foi inaugurada o pasado 7 de marzo e  poderase ver até o vindeiro 7 de abril no Museo Provincial de Lugo.