DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2014
"Onde exista a sociedade humana, o
irreprensible Espírito da Representación maniféstase", por Brett Bailey,
dramaturgo e director sudafricano.
Baixo as árbores das pequenas vilas, nos escenarios altamente
tecnificados das metrópoles globais; nos corredores das escolas e en campos e
en templos; nas barriadas, nas prazas públicas, en centros comunitarios e nos
sotos das cidades do interior, a xente é atraída para compartir no efémero
mundo teatral que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa
diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne viva, alento e voz.
Reunímonos para saloucar e para lembrar; para rir e contemplar; para
aprender e para afirmar e para imaxinar. Para marabillarnos da destreza técnica
e para encarnar aos deuses. Para capturarmos o noso alento colectivo na nosa
habilidade para a beleza, a compaixón e a monstrosidade. Vimos para nos
enerxizar e para empoderármonos. Para celebrarmos a riqueza das nosas diversas
culturas e para disolvermos as fronteiras que nos dividen.

culturas e para disolvermos as fronteiras que nos dividen. Onde exista a sociedade humana, o irreprensible Espírito da
Representación maniféstase. Nado na comunidade, leva as máscaras e as
vestimentas das nosas diversas tradicións. Emprega as nosas linguaxes, ritmos e
xestos e esclarece un espazo entre nós. E nosoutros, os artistas que traballamos con este espírito
ancestral, sentímonos obrigados a canalizalo a través dos nosos corazóns, das
nosas ideas e dos nosos corpos para revelarmos as nosas realidades en toda a
súa mundanidade e brillante misterio.
Pero nesta era na que tantos milleiros de persoas loitan por sobrevivir,
sofren baixo reximes opresores e dun capitalismo depredador, fuxindo de
conflitos e adversidades; onde a nosa privacidade é invadida por servizos
secretos e as nosas palabras son censuradas por gobernos entrometidos; onde os
montes están a ser aniquilados, especies exterminadas e océanos envelenados:¿que
nos sentimos obrigados a revelar? Neste
mundo de poderes desiguais, no que diversas ordes hexemónicas tratan de nos
convencer que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha
relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior a todos os outros, ¿é
verdadeiramente defendible insistir en que as artes deben estar sen cadeas
fronte ás axendas sociais? ¿Estamos
nosoutros, os artistas de ágoras e escenarios, conformes coas asépticas
demandas do mercado, ou aproveitamos o poder que nosoutros temos para limpar o
espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunirmos á xente arredor de
nosoutros, para inspirar, encantar e informar, e crearmos un mundo de esperanza
e xenerosa cooperación?