Páxinas

luns, 5 de outubro de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL

 
Ledicia Costas gañou o 'Premio Nacional de Literatura Infantil' concedido polo Ministerio de Educación e Cultura do Goberno español. Fíxoo coa obra, Escarlatina, a cociñeira defunta.

Esta novela, publicada por Xerais ao gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, recibiu xa outros importantes recoñecementos como a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor libro Infantil e Xuvenil da Asociación Galega de Editores, os Premios Fervenzas Literarias (votados polos internautas) ao Mellor libro infantil e Mellor portada de LIX  (Víctor Rivas).