Páxinas

xoves, 2 de abril de 2015

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. En 2015 esta mensaxe chéganos dos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.