Páxinas

luns, 2 de marzo de 2015

 LUÍS VALLE GAÑA O PREMIO LUEIRO REY

Co libro As cicatrices do Sol, o poeta Luís Valle gañou a terceira edición do premio Lueiro Rey de Poesía convocado pola Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe máis o concello de Fornelos de Montes. O libro sairá publicado pola editorial Sotelo Blanco Edicións o vindeiro 12 de abril no acto de entrega no premio que se desenvolverá en Fornelos de Montes.