Páxinas

luns, 23 de febreiro de 2015


ROSALÍA ATERECE


 
A Sega promove unha fermosa actividade para o 24 de febreiro. A proposta é moi sinxela:
-A nivel individual ou colectivo animamos a todas as mulleres a tecer calquera peza, dende unha bufanda a un chal que poida cubrir un busto ou estatua de Rosalía de Castro na súa vila ou lugar próximo.
-O día 24 de febreiro, día do nacemento de RdC, sairemos cubrir as estatuas en todos os lugares. Se as participantes queren organizar algún acto como unha lectura ou convidar a algunha escritora, cantante ou artista para acompañalas A Sega pode botar unha man á hora de organizar estes actos.
-As participantes deberían facer unha foto de cada unha das estatuas para poder despois darlles difusión a través das redes sociais e facer un mural con todas elas.
-As participantes poden solicitar permiso ao Concello correspondente para vestir a RdC, se ben os Concellos non adoitan poñer problema ante este tipo de accións (simplemente retirarán o “vestido” unha vez pase o acto se as participantes deciden deixalo no lugar concreto).