DÍA INTERNACIONAL DO
LIBRO INFANTIL
Dende 1967, o 2
de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian
Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove
a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de
promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Todos os anos unha
Sección Nacional é a encargada de elaborar unha mensaxe para todos os nenos e
nenas do mundo. En 2015 esta mensaxe chéganos dos Emiratos Árabes Unidos, da
man da escritora emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism
Abaeian.