O
alumnado de 1º ESO visitou o Museo Etnográfico da Capela. Alí viaxamos no tempo
e descubrimos como vivían os nosos antepasados; descubrimos apeiros de
labranzas, distintos utensilios usados na vida doméstica: artesas, olas da
nata, a roca e o fuso, a sella,…;e coñecemos os oficios máis tradicionais: zoqueiros,
carpinteiros, xastres, cesteiros, …….
Despois de adquirir tantos coñecementos, fomos xogar cos nenos do CEIP Mosteiro de Caaveiro e amosáronos a súa colección de xoguetes africanos, entre outras cousas. Moitas grazas pola vosa atención.