PREMIOS LOSADA DIÉGUEZ
O premio Losada Diéguez
2015 correspondeu na modalidade de creación a Diego Ameixeiras por Conduce rápido e na de
investigación a Ana Acuña
por Conciencia
política e literatura galega en Madrid (1950-2000). Diego
Ameixeiras volve ser premiado por unha das súas novelas do xénero negro;
mentres Ana Acuña ve recoñecida a súa investigación
sobre os «madrigalegos terraferidos» e o seu rigor na elaboración
dun traballo clave para entender a cultura galega na segunda metade do
século XX.