LUÍS VALLE GAÑA O PREMIO
LUEIRO REY
Co libro As cicatrices do Sol,
o poeta Luís Valle gañou a terceira edición do premio
Lueiro Rey de Poesía convocado pola Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe máis
o concello de Fornelos de Montes. O libro sairá publicado pola editorial
Sotelo Blanco Edicións o vindeiro 12 de abril no acto de entrega no premio que
se desenvolverá en Fornelos de Montes.