ROSALÍA ATERECE
A Sega promove unha
fermosa actividade para o 24 de febreiro. A proposta é moi sinxela:
-A
nivel individual ou colectivo animamos a todas as mulleres a tecer calquera
peza, dende unha bufanda a un chal que poida cubrir un busto ou estatua de
Rosalía de Castro na súa vila ou lugar próximo.
-O
día 24 de febreiro, día do nacemento de RdC, sairemos cubrir as estatuas en
todos os lugares. Se as participantes queren organizar algún acto como unha
lectura ou convidar a algunha escritora, cantante ou artista para acompañalas A
Sega pode botar unha man á hora de organizar estes actos.
-As
participantes deberían facer unha foto de cada unha das estatuas para poder
despois darlles difusión a través das redes sociais e facer un mural con todas
elas.
-As
participantes poden solicitar permiso ao Concello correspondente para vestir a
RdC, se ben os Concellos non adoitan poñer problema ante este tipo de accións
(simplemente retirarán o “vestido” unha vez pase o acto se as participantes
deciden deixalo no lugar concreto).