DÍA INTERNACIONAL DA
LINGUA MATERNA
Cada 21 defebreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna, proclamado pola
UNESCO en 1999, coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército
paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se
manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia
de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a
primeira, a que aprendemos desde ben pequeniños.
No noso
país, en 2015, sesenta e tres anos despois, a lingua galega é a máis falada,
pero segundo os últimos datos sobre o uso do noso
idioma estamos
asistindo á súa substitución como lingua materna maioritaria, rompéndose a
cadea de transmisión interxeracional, e provocando deste xeito a maior ameaza
da historia para a súa supervivencia.