EU SON ROSALÍA
A Asociaciónde Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove
desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da
autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á
cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Neste
2015 a AELG propón celebralo baixo o lema " Neste 2015 a AELG
propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e
convida os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da
cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren
actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de
modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se
sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en vídeo unha frase
que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”