V DÍA DA CIENCIA EN
GALEGO
A xornada, que se
celebra hoxe, homenaxea nesta ocasión a Isaac Newton e mais o matemático galego Xosé Rodríguez, e está dedicada ao dereito a gozar da física en galego.
Con motivo desta celebración o mércores 5 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros
educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web,
na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de
Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os
proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a
videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a
posibilidade de interaccionar con eles vía chat.