OVACIÓN PARA A ESMORGA NA SÚA ESTREA
A estrea oficial de A Esmorga, a película dirixida
por Ignacio Vilar segundo a
novela de Eduardo Blanco Amor, tivo lugar onte na gala inaugural do Festival
Internacional de Ourense, na cidade na que está ambientada a narración, onde
unha sala chea de público despediu cunha grande ovación o filme.
A adaptación
cinematográfica da novela de Blanco Amor estrearase comercialmente o próximo 21
de novembro nas salas de toda Galiza.