DÍA UNIVERSAL
DO NENO
Cada 20 de novembro desde hai 25 anos, celébrase o Día Universal do Neno, unha xornada que recorda os avances logrados no
que respecta aos dereitos dos máis pequenos e que, ao mesmo tempo, chama a
atención sobre a situación actual dos máis desfavorecidos.
A Convención sobre os Dereitos do Neno foi aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións
Unidas o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor un ano máis tarde, o 2 de
setembro de 1990. O tratado, que recolle de forma oficial os dereitos da
infancia, está composto por 54 artigos que, ademais, repasan as obrigacións de
pais, profesores, profesionais da saúde e incluso dos propios nenos e nenas. O
texto foi ratificado por 194 países que deben render contas ante un comité sobre os dereitos dos nenos.