PREMIO NACIONAL DE TEATRO
Chévere foi galardoado co 'Premio Nacional
de Teatro' 2014 concedido polo Ministerio de Educación español. O xurado salientou
a "coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes de
teatro documento e na transgresión de xéneros".
Así mesmo,
destacan a conexión das súas obras coa "realidade social e económica"
galega e mesmo internacional, como reflicten Citizen, Eurozone ou
Ultranoite no País dos Ananos. Neste senso, o xurado subliña "o
achegamento" que desenvolveu Chévere "do teatro a distintos
colectivos sociais e ao ámbito pedagóxico" pulando pola
"participación cidadá".