IN MEMORIAM
Xosé Fernández Ferreiro (Espartedo, Nogueira de
Ramuín, 1931) morreu na noite de onte, na Coruña. Foi o autor da primeira
novela de vaqueiros en galego, A morte de
Frank González, ingresara na Real Academia Galega o 9 de marzo de 2013 con
un discurso titulado Breves reflexións
sobre os escritores e os xornalistas.
Exerceu o xornalismo nos principais medios galegos, xubilándose como redactor
de La Voz de Galicia, onde traballou durante vintecinco anos.
Ferreiro converteu en materia narrativa
o que aconteceu no ano trinta e seis e fíxoo cun feixe de novelas magníficas como Agosto
do 36; deixou, asemade, unhas crónicas espléndidas da súa vida e
experiencias en De Xente Nova a Brais
Pinto. Memorias dun afiador rebelde.