LEDICIA COSTAS RECIBE O PREMIO LAZARILLO
Onte
fallouse en Madrid, o Premio Lazarillo 2015, na súa modalidade de creación
literaria, convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil
do que resultou gañadora Ledicia Costas coa
obra titulada Jules Verne e a vida
secreta das Femmes Plante.
O
xurado destacou da obra gañadora :"Unha novela ben escrita, cunha
narración fluída, unha estrutura moi ben conseguida e unha linguaxe literaria
sinxela pero elaborada, que combina con precisión elementos da realidade e
ficción e dándolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a
súa lectura".