PREMIO NACIONAL
DE LITERATURA INFANTIL
Ledicia Costas
gañou o 'Premio Nacional de Literatura Infantil' concedido polo Ministerio de
Educación e Cultura do Goberno español. Fíxoo coa obra, Escarlatina, a cociñeira defunta.
Esta novela,
publicada por Xerais ao gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014,
recibiu xa outros importantes recoñecementos como a súa inclusión na Lista
de Honra do IBBY, o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor libro Infantil e
Xuvenil da Asociación Galega de Editores, os Premios Fervenzas
Literarias (votados polos internautas) ao Mellor libro infantil e Mellor
portada de LIX (Víctor Rivas).