DÍA DA CIENCIA EN GALICIA
A oceanógrafa Ángeles Alvariño protagoniza os actos do Día da Ciencia en Galicia. A Real Academia Galega de Ciencias coordina esta celebración,
coñecida antes como Día do Científico Galego. A homenaxe, que coincide co décimo aniversario do falecemento da
investigadora, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta das
importantes contribucións da investigadora ferrolá ao coñecemento das especies
animais mariñas máis pequenas.