OS MELLORES LIBROS DO
2014
A revista
dixital Fervenzas literarias publicou a
lista dos mellores libros e autores do ano. O gañador foi Agustín Fernández Paz
coa súa novela A Viaxe de Gagarin. O mellor libro de poesía foi Cronoloxía
da urxencia de Dores Tembrás. O mellor libro de ensaio/investigación foi para a Historia da Literatura Galega II de Xosé Ramón Pena. Alfonso
Pexegueiro fíxose co galardón ao mellor libro de teatro con Lapsus. O
Bichero de Luis Davila levou o premio a mellor álbum de banda deseñada e
Xesús Fraga ao mellor libro de literatura xuvenil con Reo. Ledicia Costas obtivo o premio ao mellor libro de literatura infantil
con Escarlatina, a cociñeira defunta.